É un proxecto dirixido a escolares de centros de ensino con estudios de Secundaria e/ou Bacharelato que quere informar e formar sobre a importancia do reino vexetal, e en especial das árbores, nas nosas vidas.
Consta de dous módulos independentes, que poderán ser solicitados por separado ou conxuntamente segundo os intereses de cada centro. Está pensado para ser montado a xeito de exposición, ocupando entre dúas e tres salas do centro educativo. Parte do mesmo pode dipoñerse nalgún pasillo.
Servirá como ferramenta complementaria para o traballo dos profesores na aula, podendo adaptarse a diferentes niveis.
Equipamento que se despregará nos centros escolares, conformando un espazo de descubrimento do mundo da natureza, especialmente a máis achegada. Estes elementos que, a forza de ser vistos todos os días, resúltannos tan cotiáns que non lles damos importancia. As árbores están nos xardíns, nos parques, no noso colexio, no bosque cercano. Con estas actividades comprenderemolos moito mellor, aprenderemos a respetalos e os seus usos.
Pequena recreación dos bosques de verdade: un pequeno paseo sen saír do centro, para descubrir sensacións, olores e sons da natureza. Contaremos cos seguintes elementos:
Para unha mellor ambientación, estes elementos irán agrupados segundo 3 tipoloxías diferentes de bosque:
Un paseo pola evolución do mundo vexetal, coas bases do darwinismo, permitirános entender como as árbores, as súas follas e a madeira son o resultado dunha evolución natural.
Coñecer a natureza será o primeiro paso para defendela e respetala. Entendendo as características dos materiais naturais poderanse buscar novos usos ou descubrir os antigos.
Tratase de 13 paneis nos que se tratarán os seguintes temas:
en PDF do 1 ao 6 (15,1 MB) e do 7 ao 12 (12,6 MB)
En PDF: Bósque Móbil (4,37 MB) e Cláve Botánica (278 KB)
Os datos solicitados son necesarios para a correcta xestión da actividade. Serán automatizados segundo se recolle na Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro de "Protección de datos de carácter persoal". En ningún caso serán cedidos a terceiros sen solicitar previamente o teu consentimento. Poderás exercer os dereitos de acceso, rectificación e cancelación dos mesmos dirixíndote por escrito a Altega - Bases de Datos. Rúa Murillo, 20 - baixo. 32002 - Ourense.